Asociación cultural Alonso de Paredes nace en Allariz (Ourense) dun grupo de persoas que queremos poñer en valor o patrimonio histórico a través da teatralización de espazos locais e do uso das artes escénicas como vehículo para achegar a cultura á sociedade.

feira-outono-allariz-2015-acap

Participamos na XX Feira de outono de Allariz

Por ACAP | 06 Nov 2015

Participamos na XX Feira de outono de Allariz, unha feira na que ademáis de atopar cogumelos, pan, mel ou as ricas castañas do noso amigo Petelo se cadra vos sorprendemos con productos un pouco máis extravagantes… como xa vos fomos avanzando nas redes sociais. Si queredes descubrir de que se trata, o sábado e o […]

XX Feira do Amendoado Allariz - ACAP

Participamos na XX Feira do Doce Amendoado e Melindre de Allariz

Por ACAP | 02 Sep 2015

O próximo domingo 6 de setembro terá lugar no Paseo da Alameda a vixésima edición desta feira, na que ademáis de degustar riquísimos doces poderedes coñecer a través dunha divertida representación unha imaxinaria orixe dos amendoados de Allariz. A representación da obra “Encol da orixe do Amendoado” escrita por Abraham Herrero Menor, será as 19:00 […]

A despedida - ACAP - Allariz

Boa acollida de “A despedida” en Allariz

Por ACAP | 23 Ago 2015

O venres 21 de agosto estreamos a obra “A despedida” en Allariz, escrita polo noso compañeiro Abraham Herrero Menor, sendo a nosa primeira representación teatral como asociación. A Praza de Abaixo, fíxonos viaxar no tempo cara a unha noite dos anos 50, xusto antes da procesión do corpus, cando un grupo de amigos que andaban […]

Teatralizamos o patrimonio histórico e museístico. Impartimos e organizamos talleres de artes escénicas a distintos niveis: escolar, xuvenil, adultos e persoas maiores. Organizamos eventos turísticos con carácter lúdico e cultural.

Podes enviarnos un mail, deixarnos unha mensaxe ou seguirnos nas redes socias

alonsodeparedes@gmail.com


Colaboran