Asociación cultural Alonso de Paredes nace en Allariz (Ourense) dun grupo de persoas que queremos poñer en valor o patrimonio histórico a través da teatralización de espazos locais e do uso das artes escénicas como vehículo para achegar a cultura á sociedade.

Allariz de medo 2016

Por ACAP | 27 Oct 2016

Durante os próximos días 29,30 e 31 a Asociación Alonso de Paredes participa no programa “Allariz de Medo”, un programa moi completo no que a nosa asociación colabora na terrorífica ambientación de rúas, prazas e museos, e por suposto, a través do teatro trasladaremos aos visitantes ao mundo máxico dos mortos… Estades preparad@s? Mirade o […]

Eiró de verán Allariz ACAP

Roteiros Teatrais Nocturnos en Allariz. Eiró de Verán

Por ACAP | 29 Jul 2016

Descubre a historia de Allariz a través dos roteiros teatrais nocturnos. Dende o xoves día 4 de agosto ata o 8 setembro cada xoves divertidos personaxes que forman parte da historia de Allariz nos levarán a coñecer a historia, as anécdotas e os recunchos que fan que esta vila sexa un lugar tan especial. Os […]

Festa do Boi Teatro Allariz

Participamos no roteiro histórico da Festa do Boi 2016

Por ACAP | 23 May 2016

O domingo 22 de maio en Allariz tivo lugar a Procesión Medieval do Xan de Arzúa, na que Abraham e Martín estiveron implicados encargándose da creación e dirección da obra na que os veciños e veciñas de Allariz recrean a orixe da Festa do Boi. Pouco máis de 24 horas despois, aínda ca emoción de […]

Teatralizamos o patrimonio histórico e museístico. Impartimos e organizamos talleres de artes escénicas a distintos niveis: escolar, xuvenil, adultos e persoas maiores. Organizamos eventos turísticos con carácter lúdico e cultural.

Podes enviarnos un mail, deixarnos unha mensaxe ou seguirnos nas redes socias

alonsodeparedes@gmail.com

Colaboran